Historias para calquera lugar (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante) por An Alfaya

Historias para calquera lugar (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante) por An Alfaya

Titulo del libro: Historias para calquera lugar (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante)

Autor: An Alfaya

Número de páginas: 224 páginas

Fecha de lanzamiento: March 27, 2001

ISBN: 8483026260

Editor: Xerais

An Alfaya con Historias para calquera lugar (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante)

Historias para calquera lugar (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante) por An Alfaya fue vendido por EUR 11,35 cada copia. El libro publicado por Xerais. Contiene 224 el número de páginas.. Regístrese ahora para tener acceso a miles de libros disponibles para su descarga gratuita. El registro fue libre.

Historias para calquera lugar é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra a publicación do seu número 100. Cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, onde se mesturan a intriga, o humor e a emoción; historias que atrapan sen remedio a atención de quen as le.An Alfaya escribiu "A muller prohibida", un emocionante conto de iniciación e recuperación da memoria. Mentres camiñan descalzos polo areal, o narrador adolescente escoita engaiolado o seu padriño, o relato de como viviu os tempos de Franco e a experiencia dolorosa do seu amor prohibido.Ramón Caride escribiu "A primeira aventura de Sheila e Said", que nos sitúa na fronteira entre os desertos do erg e do reg, nos primeiros anos de vida de Sheila e Said, na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan. Un trepidante relato da mellor ciencia ficción ecolóxica e solidaria.Agustín Fernández Paz escribiu "As sombras do faro", un estremecedor relato de terror e intriga, coa presencia das sombras do pasado. O narrador recupera a súa memoria de iniciación adolescente en Pontebranca. Rememora as súas viaxes en bicicleta para explorar a vila e os seus arredores, e a fascinación que sentían por visita-lo outeiro do faro, onde non vai nunca ninguén.Xabier P. Docampo escribiu "Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira", un conto cheo de humor. A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira; conmocionado polo golpe, dende entón farfallaba unha lingua que non entendía ninguén. Silvano era un neno simpático, para todos tiña algunha palabra amable que dicía con cara de risa, magoa que ninguén o entendera.Miguel Vázquez Freire escribiu "A secta do can", un relato de ciencia ficción e intriga. Ax debe localizar, neutralizar e, se fose preciso, destruír á Secta do Can, un grupo de natureza descoñecida que intervén de forma reiterada en pantallas públicas e privadas, mediante mensaxes agresivas e disolventes, manifestamente contrarias á Orde Unica Universal.